Monday 29 de April de 2024

A FP galega demostra a súa calidade ao alzarse con nove medallas no Campionato Spainskills


O alumnado da FP galega obtén tres medallas de ouro nas categorías de Desenvolvemento web, Panadaría e Recepción hoteleira; cinco de prata en CNC Fresado, Escaparatismo, Floraría, Servizo de restaurante e bar e Sistemas robóticos integrados, e unha medalla de bronce en Tecnoloxía do automóbil

Os centros galardoados nesta edición son o IES San Clemente, o CIFP Paseo das Pontes, CIFP Manuel Antonio, IES Politécnico de Vigo, IES Ramón Menéndez Pidal, CIFP A granxa, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Politécnico de Lugo e IES As Mariñas

Galicia queda en terceira posición en número de medallas, só por detrás de Andalucía e Valencia

 

A FP galega demostrou toda a súa calidade nas Spainskills 2024, o campionato nacional no que o equipo de Galicia se alzou con nove medallas. A aposta da Xunta por fortalecer estas ensinanzas xa ten dado os seus froitos en numerosas ocasións, tanto nestas olimpíadas estatais como nas europeas e mundiais.

A delegación galega obtivo tres medallas de ouro, cinco de prata e unha de bronce. Queda, así, na terceira posición no medalleiro, só por detrás de Andalucía e Valencia.

Representantes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades acompañaron ao alumnado e profesorado participante na competición durante estes días e transmitiron hoxe o orgullo que supón para o sistema educativo galego o resultado acadado nesta cita.

A relación de galardóns acadados por Galicia é a que se reflicte na seguinte táboa:

Medalla Especialidade ou skill Equipo galardoado
Ouro Desenvolvemento web Centro: IES San Clemente (Santiago)

Alumno: Ezequiel Soto Seoane

Titora: Cristina París Brandariz

Ouro Panadaría Centro: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

Alumna: Maria Bazar Verdes

Titora: Avelina Amado Fernandez

Ouro Recepción hoteleira Centro: CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Alumna: Laura Pereira Ramilo

Titor: Roi Álvarez González

Prata CNC Fresado Centro: IES Politécnico de Vigo (Vigo)

Alumno: Pedro Rodríguez Rodríguez

Titor: Javier Fondevila Blanco

Prata Escaparatismo Centro: IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña)

Alumno: Antía Fernández Loureiro

Titor: María Soledad Seoane Sobrino

Prata Floraría Centro: CIFP A Granxa (Ponteareas)

Alumna: Carmen Regueira Fernández

Titora: M Jesús Pena Fariña

Prata Servizo de restaurante e bar Centro: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

Alumna: Melisa Touriñán Canosa

Titor: Gabriel Vilar Longarela

Prata Sistemas robóticos integrados Centro: CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

Alumnos: Andrés Díaz López y Carlos Fernández Rodríguez

Titor: Carlos Victorio Álvarez Pérez

Bronce Tecnoloxía do automóbil Centro: IES As Mariñas (Betanzos)

Alumno: Hugo López Lameiro

Titor: Miguel Vilela González

 

Participación en 34 ‘skills’

Arredor de 100 persoas, entre alumnos e docentes, conformaron o equipo galego nestas olimpíadas nacionais da Formación Profesional, que se desenvolveron no recinto feiral de IFEMA, en Madrid, desde o 9 de abril.

 

Competiron un total de 38 alumnos de 23 centro nun total de 34 modalidades de skills, das cales 29 foron competicións oficiais e cinco en formato demostración.